martes, 20 de diciembre de 2011

Dous galegos nas Preseleccións U17/U18 de Formación FEB

As preseleccións FEB U17 e U18 masculinas e femininas concentraranse este Nadal e contarán nas súas filas con dous representantes galegos, con ficha na FGB.
Así, entre o 26 e o 28 de decembro farao en Castelldefels coa categoría U17 feminina a xogadora do Celta de Vigo, Marta Canella. Pola súa banda, do 26 ao 30 de decembro, fará o propio en Barakaldo coa categoría U18 masculina o base de Estudiantes de Lugo, Adrián Chapela.
Federación Galega de Baloncesto

No hay comentarios:

Publicar un comentario