jueves, 21 de junio de 2018

REFLEXION FUTURO DO ANPA


Estimados Socios/as:

 Coa finalización do presente curso 2017/2018, expira o mandato da actual Xunta Directiva do ANPA. Co propósito de dar continuidade ao funcionamento da mesma como parte integrante da Comunidade Educativa e así poder colaborar nas decisións que afectan ao ensino e aprendizaxe dos nosos fillos/as, celebrouse o luns día 18 de xuño Asemblea Extraordinaria de Socios/as cun único punto na orde do día, a renovación da xunta directiva.

 Concluída a reunión na que, a pesar da relevancia do tema, non chegou a presentarse ningunha candidatura, atopámonos nunha situación de xeito evidente indesexable. Por tanto, quero animar a todos os socios/as para que durante estes días e antes do inicio do período de matricula para o próximo curso, fagan unha profunda reflexión sobre a súa participación nesta Asociación e, chegado o caso, manifesten a súa vontade para esta tarefa.

 En todo caso, unha vez aberto o prazo de matrícula para o próximo curso 2018/2019, de non presentarse ningunha candidatura, suspenderemos a inscrición de novos socios e iniciaremos os trámites de acordo aos estatutos da asociación e á normativa aplicable encamiñados á disolución da Asociación de Pais e Nais do I.E.S. Eduardo Branco Amor de Ourense.

domingo, 17 de junio de 2018

Asamblea Extraordinaria ANPA

"Dime y lo olvido, enséñame y lo recuerdo, involúcrame y lo aprendo", 
Benjamín Franklin

Estimado socio/a: 

Comunicámosche, desde esta Asociación de Nais e Pais de alumnos, que o vindeiro luns día 18 deste mes, a partires das 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda convocatoria na sala de xuntas do Instituto Blanco Amor, teremos unha Asamblea Extraordinaria, coa seguinte orde do día: 

- Renovación xunta directiva 

Un saúdo e esperamos contar coa túa presenza.

lunes, 27 de marzo de 2017

PREVENCION DEL ACOSO ESCOLAR Y DEL CIBERACOSO


El día 29 de marzo a las 19.30 horasen el Instituto Eduardo Blanco Amor, orientado a familias, sobre determinadas conductas en la adolescencia, tendrá lugar una charla encaminada a la prevención del acoso escolar y del ciberacoso.
Será impartida por personal de la Policía Nacional.
Dada la importancia del tema esperamos contar con vuestra asistencia.