jueves, 5 de noviembre de 2020

CONFERNCIA SOBRE COVID

 

CONFERENCIA :

 A PANDEMIA COVID; COMO MELLORAR O NOSO SISTEMA INMUNITARIO

 

O IES Blanco Amor ten como un dos seus obxectivos plantexar iniciativas que resulten de axuda e interese para toda a Comunidade Educativa.

   Profesoras-es, alumnado, nais-pais así como persoal non docente formamos unha comunidade que interactúa día a día. Hoxe máis que nunca comprendemos ata que punto dependemos os uns dos outros.

  Unha preocupación é prioritaria : a SAÚDE. E unha pregunta : QUE PODEMOS FACER FRONTE A ESTA PANDEMIA, E EN XERAL QUE PODEMOS FACER PARA MELLORAR O NOSO ESTADO DE SAÚDE?.

A resposta está nesta invitación que facemos a toda a comunidade educativa: 

 

CONFERENCIA-COLOQUÍO :

-DATA: xoves, 12 de novembro. 20:00h.

-ENCONTRO TELEMÁTICO: Mediante plataforma ZOOM.

-INICIATIVA: IES Blanco Amor en colaboración coa Aula de Ciencias Biomédicas, a Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade de A Coruña, a Universidade de A Coruña.

-TEMA: COVID: Como mellorar o noso sistema inmunolóxico. A nutrición como elemento fundamental para manter a saúde.

-PLANTEAMENTO: Aproximadamente 40´de conferencia, a que seguirán 30´de ronda de preguntas.

 

PROCEDEMENTO DE INSCRIPCIÓN:

-As persoas interesadas deben escribir un correo de solicitude a:

extraescolar@iesblanco.com

-O prazo de solicitude se pecha o 10 de novembro.

-O día 12 se remitirá a cada correo un enlace para entrar na conferencia as 20:00h.


No hay comentarios:

Publicar un comentario