Correo recibido por la asociación desde APDR y que mostramos en su totalidad por el interés para los padres en torno a todo el despliegue de las redes WiFi en los centros y de sus posibles riesgos: 
"Con motivo do despregamento das tecnoloxías da información nas aulas a través do Proxecto ABALAR, onde se dota ao alumnado seleccionado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria de portátiles, pantallas dixitais en conexión WIFI, manifestámosvos a inquedanza dende colectivos sociais, pais e nais, docentes e persoal sanitario pola PROBLEMÁTICA QUE A COMUNICACIÓN INALÁMBRICA DA REDE WIFI PODE CAUSAR NA SAÚDE e dirixímonos a vostedes, implicados nos centros de ensino dos seus fillos/as para ofrecerlles información sobre a relevancia para a saúde do alumnado e profesorado.

O 
Consello de Europa (25.05.2011), que 
parte dun maior risco de efectos biolóxicos potencialmente nocivos dos campos 
electromagnéticos na infancia e mocidade en base á revisión de máis de 1.500 
estudos co apoio da Axencia Europea de Medio Ambiente, xa solicitou aos estados membros primar nas 
aulas a conexión a internet por cable [sen WiFi], evitando o uso do móbil no 
recinto escolar, e fomentar campañas de información e sensibilización sobre os 
seus efectos potenciais nocivos. A 
propia Axencia Internacional do Cancro (IARC) da OMS (31-05-2011) xa clasificou estas 
radiacións de microondas (móbiles, 
teléfonos sen fíos -DET-, Wi-Fi, Wimax, …) como posíbeis canceríxenos do 
grupo 2b baseándose no aumento de risco de padecer glioma, un tipo de tumor 
cerebral maligno, asociado co uso de teléfonos móbiles, recomendando o seu 
Director, Christopher Wild, "reducir a exposición a estes dispositivos" mentres se segue a 
investigar. 
A nosa preocupación, que non xorde por 
consideracións educativas ou tecnolóxicas, fundaméntase exclusivamente nas 
consecuencias para a saúde do alumnado e do persoal docente e auxiliar que, coa 
conexión sen fíos a internet, veríanse expostos/as de cotío á contaminación electromagnética das 
radiacións de microondas  ao longo 
de toda xornada lectiva no curso escolar, cuns PICOS nos 
niveis de radiación nas aulas MOI SUPERIORES aos esperados, cos consecuentes 
efectos acumulativos.
Noutros países da nosa contorna xa 
comezou a aplicarse o Principio de Precaución coa retirada 
da conexión Wi-Fi / WIMAX (a favor do cable) DE CENTROS ESCOLARES, BIBLIOTECAS, 
UNIVERSIDADES e REDES MUNICIPAIS por problemas de 
saúde.
A campaña ESCOLA SEN 
WIFI pretende INFORMAR a pais e nais e docentes 
para que poidan TOMAR As MEDIDAS DE PRECAUCIÓN NECESARIAS NO 
seu CENTRO EDUCATIVO poñendo a súa disposición o DOSSIER ESCOLA SEN 
WIFI 2012 creado a tal efecto. 
Para 
calquera dúbida ou suxestión poden porse en contacto connosco a través da Web: 
http://www.apdr.info/
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario