Estimado
socio/a:
Como
xa sabedes, o ANPA é o mellor e máis eficiente órgano de
representación das familias no Instituto e de participación activa
na xestión e o modelo educativo do mesmo.
É
a vía que temos para tomar decisións sobre como desexamos que sexa
a educación dos nosos fillos e que estas sexan vinculantes. Unha
suxerencia aislada á Dirección non revirte os mesmos efectos que
unha que veña co apoio de todos/as.
Por
desgraza, o ANPA do noso centro, atravesa unha seria crise. Como xa
sabedes, o luns 18 de xuño de 2018 celebrouse unha Asemblea
Extraordina para levar a cabo a renovación da Xunta Directiva, pois
expiraba o seu mandato. A pesar da relevancia do tema non chegou a
presentarse ningunha candidatura.
Un
dos socios (Cástor Velo Rodríguez), ofreceuse para formar parte da
Xunta Directiva, pero son necesarios polo menos tres para poder
formala.
O
ANPA somos todos/as, calquera actuación dos socios/as revirte sobre
todo o centro. Por iso e por solidaridade entre todos/as temos que
traballar xuntos para o ben dos nosos fillos/as. O ANPA non pode
desaparecer.
Por
todo o exposto convocamos unha Asemblea
Extraordinaria,
o vindeiro día 14
de
febreiro, xoves,
a partires das
20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda
convocatoria na
sala
de xuntas do Instituto Blanco
Amor, coa seguinte orde do día:
-
Presentación de candidaturas e Elección da Xunta Directiva.
-
Rogos e preguntas.
Un
saúdo e esperamos contar coa túa presenza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario