O día 27 o Sr. Rajoy, dixo no Congreso dos Deputados que as reválidas de 4º da ESO e de 2º BAC, non se aplicarán neste Curso, co impacto académico previsto, agardando acadar un pacto educativo en seis meses.
Os medios de comunicación déronlle pulo a esa afirmación otorgándolle a categoría de concesión, de xesto de boa vontade.
Dende CONFAPA, chamamos a atención das famílias, alumnado e docentes, do que non é mais que unha manobra máis para confundirnos.
O Real Decreto 310/2016, que se ten recurrido diante da Audiencia Nacional, solicitando a súa anulación e suspensión cautelar, xa indicaba claramente que neste Curso ambas Reválidas non terían impacto académico (ver a imaxe).
CONFAPA non aceptará o marco LOMCE nunca no noso sistema educativo.
O que ten que facer o Sr. Rajoy é derrogar o devandito Real Decreto e por en marcha o proceso de Derrogación da LOMCE e sustituíla por outra que veña do consenso social coa Comunidade educativa e o acordo político nas Cortes Xeráis.
- NON as Reválidas
- NON á LOMCE
- Reversión recortes na Educación
Pinchar Enlace y Leer la Disposición final primera. Calendario de implantación. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario