martes, 2 de junio de 2015

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, curso 2015/2016



Veñen de publicarse no Diario Oficial de Galicia as axudas establecidas pola Xunta para a adquisición de libros cara ao curso 2015/16 e o fondo solidario de libros de texto.

Adxuntamos enlace a páxina do Instituto onde tedes toda a información de ambas axudas, 








Para o resto dos alumnos que non poidan acollerse ás axudas establecidas pola Xunta de Galicia, de seguido tedes información do noso proxecto de intercambio de libros de texto entre os país ou titores legais para o curso 2015/2016, 

Conscientes de que os libros de texto seguen levando a maior porcentaxe do presuposto familiar na operación “volta ó cole”, e polo tanto conscientes da transcendencia que vai ter para as familias con fillos en idade escolar as axudas postas en marcha pola Xunta para o curso 2015/2016, esta Asociación acordou poñer en marcha un proxecto de intercambio de libros de texto entre os pais ou titores legais para o curso 2015/2016, que non poidan acollerse ás axudas establecidas.
Para poñelo en marcha é imprescindible que o proxecto sexa do centro, por iso, ademais dos alumnos e das familias que de forma voluntaria respaldedes o proxecto, contamos tamén co apoio da dirección, do profesorado e do persoal do centro en xeral.
Os obxectivos que perseguimos son:
1. Economizar no gasto de libros de texto e así, obter unha mellor utilización dos recursos.
2. Contribuír á conservación do medio ambiente.
3. Fomentar o coidado dos libros polos nenos como valor educativo e cultural.
4. Practicar a solidariedade e a cooperación entre as familias como valor na sociedade.
5. Acercar ós pais, titores e alumnos a coñecer a nosa páxina web.

Descrición do proxecto:
Trátase dun proxecto de intercambio de libros de texto para o curso 2015/2016 entre os pais ou titores legais, onde a ANPA unicamente pon a disposición dos mesmos o seu traballo e as súas ferramentas informáticas, tanto o seu correo electrónico como a súa páxina web a modo de “taboleiro de anuncios” para divulgar as demandas ou aportacións dos pais. Para calquera dúbida ou información sobre o proxecto non dubides en poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico da ANPA.

Procedemento:
1-Os pais ou titores enviarán un correo electrónico á ANPA, cuxa dirección figura ó pé do presente escrito, no  que indicarán, de forma obrigada:
a) nome completo do alumno e curso no que se vai matricular no curso 2015/2016
b) teléfono de contacto
c) que libros solicita para o seu fillo /a ou que libros pon a disposición do resto dos pais
2-A ANPA  publicará na súa páxina web, cuxa dirección figura ó pé do presente escrito, a petición ou  demanda de libros solicitados xunto ó teléfono de contacto, unha vez comprobados os datos enviados no correo electrónico. Nunca se publicarán os datos do alumno.
3-Os pais consultarán a páxina web onde poden ver os anuncios publicados e poranse  en contacto directamente co teléfono que alí figura para levar a cabo o intercambio.
4-Efectuado o intercambio deberán poñelo en  coñecemento da ANPA mediante correo electrónico para dar de baixa o anuncio. Isto facilitará a xestión da páxina web para o resto dos usuarios do proxecto.

Requisito para participar:
Poderán participar neste proxecto tódolos alumnos do IES E. Blanco Amor matriculados no  cuso 2015/2016, tanto os alumnos da ESO como os de BACHARELATO.

Prazo:
O prazo para comezar o envío de correos electrónicos á ANPA e para publicar os anuncios na páxina web iníciase unha vez matriculado o alumno e finalizará o 30 de setembro de 2015. Rematado este prazo  procederase a eliminar tódolos anuncios da páxina web.


Dirección de correo electrónico da ANPA
anpa.blanco.amor@gmail.com
Páxina web da ANPA
anpablancoamor.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario