Consellería de Educación e Ordenación Universitaria impulsará a mellora educativa en 144 centros educativos de Galicia, ao subscribir con eles – nas vindeiras semanas- contratos-programa, co fin de desenvolver o máximo posible as capacidades do alumnado e buscar a súa excelencia.
En total serán 232 liñas de actuación as que desenvolverán estes 144 colexios e institutos que conten con contratos-programa ao abeiro da primeira convocatoria impulsada desde o departamento educativo da Xunta, co obxectivo de contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.
Así o explicou o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, quen expuxo hoxe en rolda de prensa os detalles desta iniciativa, xunto co directo xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira.
Conforme a este compromiso, o departamento educativo da Xunta de Galicia dotará os centros dos recursos necesarios para o desenvolvemento das actuacións establecidas nos contratos-programa. Así mesmo, certificarase como actividade de innovación educativa a participación do profesorado no desenvolvemento destas accións, que se poderán difundir ademais como exemplo de boas prácticas no eido do ensino.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario