CAMPAMENTOS DE VERÁN
/home/usuario/Descargas/Actividades 5º A ..pdf
|
|
|||
Estimados socios/as:
Como xa sabedes, o ANPA é o mellor e máis eficiente órgano de representación das familias no Instituto e de participación activa na xestión e no modelo educativo do mesmo. É a vía que temos para tomar decisións sobre como desexamos que sexa a educación dos nosos fillos e que estas sexan vinculantes.
Neste momento corresponde levar a cabo a renovación da Xunta Directiva, pois expira o seu mandato. A ANPA estaba conformada por tres membros, dos cales un cesa por baixa do seu fillo/a no centro, outro non renovará candidatura por motivos persoais e o terceiro membro, no caso de renovar candidatura e ser elexido, só podería permanecer no cargo ata xuño de 2021. Por todo esto vos animamos a presentar a vosa candidatura á nova Xunta Directiva, enviando a mesma por correo electrónico á seguinte dirección: anpa.blanco.amor@gmail.com, ata as 24:00 horas do día 9/12/2020.
Convocamos unha Asemblea Extraordinaria, o vindeiro día 10 de decembro, xoves, a partires das 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda convocatoria no Salón de Actos do Instituto Blanco Amor, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da última reunión.
2. Presentación de candidaturas e elección da Xunta Directiva.
3. Elección do representante no Consello Escolar.
4. Presentación e aprobación, se procede, do balance de contas do curso 2019/2020.
5. Presentación e aprobación, se procede, da proposta de actividades para o curso 2019-2020.
6. Presentación e aprobación, se procede, do orzamento e actuación para o curso 2020-2021.
7. Acordo de cambio de entidade bancaria da ANPA.
8. Rogos e preguntas.
Un saúdo e esperamos contar coa vosa presenza.
A XUNTA DIRECTIVA
En Ourense, a 3 de decembro de 2020 |